luns, 7 de febreiro de 2022

Entrevistando as nosas científicas do futuro!

     No instituto temos unha boa representación de rapazas con vocación científicas. Elas serán as protagonistas da sección "Científicas do futuro".

O alumnado de Lingua fixolles unha entrevista e é moi interesante ver as súas reflexións...

  • ANTÍA MORAÑA BLANCO: “O que máis me motiva é poder axudar a mellorar a vida da xente”. O seu soño é estudar Medicina, de non ser así tentará facer Biotecnoloxía.
  • CARLA NAVARRO CORES: “Véxome nun laboratorio, facendo experimentos e investigando”. Gustaríalle estudar Física.
  • JULIA CAMPAÑÓ FARIÑA: “No futuro véxome como unha muller independente vivindo feliz do meu traballo”. Quere estudar Biotecnoloxía.
  • SOFÍA BLANCO MAQUIEIRA: “Sempre me gustaron as ciencias”. Quere estudar Farmacia
  • LAURA MÉNDEZ LANDÍN : “Esforzareime para poder traballar no ámbito da medicina”. Quere estudar algunha carreira do ámbito da saúde.
  • EMMA REDONDO GÓMEZ: “Vai sendo hora de que as mulleres científicas pasen a un primeiro plano”. Algunha carreira da rama sanitaria.
  • ANA BOUZAS RENDAL: “As mulleres estiveron relegadas durante moitos anos na ciencia”. Quere estudar Neurociruxía ou Enfermería.
  • ANDREA CAMPAÑÓ DIZ: “Non teño ningún medo a ser discriminada por ser muller no mundo da ciencia, se alguén se me pon diante heino de apartar”. Quere estudar Odontoloxía
  • CARMEN SALVADO VICENTE: “Apelo ás familias, que lle digan ás fillas: «que queres ser de maior, enxeñeira?»”. Quere estudar Intelixencia Artificial.
  • AINOA SUÁREZ LORENZO: “Hai poucos referentes femininos no mundo da ciencia”. Quere estudia Neuroloxía ou Psicoloxía.
  • ALEJANDRA MÉNDEZ CALVO: “Evita que os demais inflúan en ti e nas túas decisións”. Futura enxeñeira mecánica.
    Se queres coñecer mais preme aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Exposición nos pasillos do instituto

       O alumnado do Club de Ciencia foi o primeiro en ver a exposición final de mulleres científicas. Eles estiveron vendo e descubrindo de...