sábado, 27 de novembro de 2021

Primeiras actividades...

 Na clase de Tic, logo de facer o blog, establecimos o plan de traballo.

Traballeremos ca información en Drive, onde creouse unha carpeta de contido para cada unha das mulleres seleccionadas. Nesta carpeta incorporaremos toda a documentación que iremos creando.

Parte de esta información será a creación dun código QR que enlace con unha entrada de blog co nome de cada unha delas.

Nesta actividade foi o que fixemos. Crear unha entrada no blog co nome de cada unha delas, a día de hoxe completamente baleira pero iremos actualizando o longo do curso. E creamos o código QR que irá en cada cartaz.

Este código fixémolo ca páxina de unitag.io. Pódese leer con calquera lector de QR e enlaza directamente aquí.

mércores, 24 de novembro de 2021

Sofía Blanco Maquieira

 

        O alumnado de Educación Plástica fixome un retrato para o meu propio cartaz:



O alumnado de Lingua fixome unha entrevista é esta foi a miña reflexión mais destacada:

  • SOFÍA BLANCO MAQUIEIRA: “Sempre me gustaron as ciencias”. Quere estudar Farmacia

    Aínda que é de Caldas, só leva no Aquis dous cursos;  chegou aquí para facer o Bacharelato.
Sempre lle gustaron máis as materias de ciencias, pero  quen máis lle despertou o gusto pola Bioloxía
foi a súa profesora Montse. Nun principio esta era o seu obxectivo, mais logo se decantou pola rama
sanitaria, Medicina ou, agora xa decidida, Farmacia.

Lee este QR ca aplicación Cospaces se queres ver a miña Realidade Aumentada.



    Finalmente o meu cartaz:










Laura Méndez Landín

 Queres ver o retrato que me fixeron?


LAURA MÉNDEZ LANDÍN : “Esforzareime para poder traballar no ámbito da medicina”


    Chegou ao Aquis Celenis para estudar Bacharelato. Súa nai e súa irmá animárona a escoller a opción de ciencias e, ademais,  a ela xa  sempre lle gustaran estas materias máis que as de letras. As súas opcións de estudo están entre o ámbito da saúde ou a docencia en Educación Física.


    Podes xogar ca miña realidade aumentada lendo o seguinte QR ca aplicación Cospaces



E finalmente o meu cartaz:








   


Carmen Salvado Vicente

 Queres ver o meu retrato? O alumnado de Educación Plástica foi quen mo fixo para presentarme.



E en Lingua fixeronme unha entrevista:


CARMEN SALVADO VICENTE: “Apelo ás familias, que lle digan ás fillas: «que queres ser de maior, enxeñeira?»”

Hai moitas mozas que aínda non saben o que queren facer, se visen máis mulleres na TV, nos debuxos animados, sendo e tendo papeis de científicas, axudaríanlles a poder escoller dun abano máis amplo.

Quero facer algo relacionado coa informática. Ás veces a xente sorpréndese cando llo digo.

Apelo ás familias, que lle digan ás fillas, “que queres ser de maior, enxeñeira?”

Gustaríame estudar intelixencia artificial. Pódese aplicar a moitos ámbitos, é unha ponte para acceder a todas as áreas.



Coa miña realidade aumentada podes coñecer algo mais sobre mín:



E o meu cartaz final:








Enma Redondo

 En Educación Plástica fixéronme un retrato:


En Lingua unha entrevista:


EMMA REDONDO GÓMEZ: “Vai sendo hora de que as mulleres científicas pasen a un primeiro plano”

“Quero dedicarme á rama sanitaria”


Se queres podes ver a miña realidade aumentada:



E o meu cartaz final:











Julia Campañó

 “No futuro véxome como unha muller independente vivindo feliz do meu traballo”

    É de Caldas e estudou toda a secundaria no Aquis. Aquí coñeceu ao profesor Abadín, quen lle transmitiu a paixón pola Bioloxía. A partir deste momento soubo que quería vincular o seu futuro ás ciencias. O seu obxectivo inmediato é cursar estudos de Biotecnoloxía, nun tempo máis  futuro vese como unha muller independente, vivindo feliz do seu traballo nun laboratorio,  procurando a cura de novas enfermidades”.


Queres ver a miña realidade aumentada? Escanea este código:



Finalmente o meu cartaz:









Carla Navarro Cores

 Queres coñecerme? Mira o meu retrato:


O alumnado de Lingua fíxome unha entrevista:


CARLA NAVARRO CORES: “Véxome nun laboratorio, facendo experimentos e investigando”

Chegou ao Aquis para estudar a secundaria e as súas preferencias sempre estiveron no ámbito das ciencias. A súa cabeza traballa con números e fórmulas. Gústalle especialmente a Física e isto é o que quere estudar no futuro.


Mira a miña realidade aumentada:



E o meu cartaz:








Antía Moraña Blanco

 Vou  a presentarme...


Queres coñecerme mais?

ANTÍA MORAÑA BLANCO: “O que máis me motiva é poder axudar a mellorar a vida da xente”

É de Cuntis pero estudou en Caldas. Chegou ao Aquis Celenis para facer secundaria.

Sempre tivo clara a súa vocación científica. Traballa moito para poder acadar o seu obxectivo de matricularse en Medicina na Universidade de Santiago. De non cumprirse este soño fará Biotecnoloxía, que tamén lle gusta moito. O que máis a motiva é poder axudar a mellorar a vida da xente.


Queres ver a miña realidade aumentada?


E o meu cartaz quedou precioso:







Andrea Campañó Diz

 Ola, son Andrea e así venme os meus compañeiros e compañeiras de Educación Plástica.


O alumnado de lingua fíxome unha entrevista:

ANDREA CAMPAÑÓ DIZ: “Non teño ningún medo a ser discriminada por ser muller no mundo da ciencia, se alguén se me pon diante heino de apartar”

A muller necesita máis visibilidade na ciencia, estivo moitos anos agochada por outros homes, non significa que non houbese científicas, senón que traballaban con outras persoas e non eran recoñecidas.

Cada persoa debe lograr o que quere, e facer o que lle gusta. Se es muller e che gusta a bioloxía ou a enxañería tes que loitar e non pensar que por ser muller tes que facer outra cousa.

Sempre tiven clara a idea de ir por ciencias.

Gustaríame estudar odontoloxía. No futuro véxome cunha clínica propia, traballando para min. Quero axudar a outras persoas.


Queres ver a miña realidade aumentada:





E finalmente o meu cartaz:










Ana Bouzas Rendal

 Empecemos por presentarnos...



Coñeceme un pouco mais ca entrevista do alumnado de Lingua:


ANA BOUZAS RENDAL: “As mulleres estiveron relegadas durante moitos anos na ciencia”

Sempre me gustou o ámbito da sanidade, da bioloxía e da química.

“Quero ser neurociruxiá ou enfermeira”.


A miña realidade aumentada podes vela lendo este código:


E o meu cartaz quedou ben bonito!












Alejandra Méndez Calvo

 Vou a presentarme... son Alejandra.


Coñeceme algo mais...


ALEJANDRA MÉNDEZ CALVO: “Evita que os demais inflúan en ti e nas túas decisións”

Futura enxeñeira mecánica



A miña realidade aumentada...


O meu cartaz é precioso!









Ainoa Lorenzo Suárez

 O alumnado de Lingua fíxome unha entrevista...


AINOA SUÁREZ LORENZO: “Hai poucos referentes femininos no mundo da ciencia”

Hai poucos referentes femininos no mundo da ciencia.

Ás rapazas que se queren dedicar ao mundo da ciencia diríalles que loiten, con esforzo poden chegar a onde queren.

Gustaríame estudar psicoloxía ou neuroloxía. Pode axudar a moitas persoas en moitos aspectos.


Teño a miña propia realidade aumentada:




E o meu cartaz:








martes, 23 de novembro de 2021

Xoana Barcala Gosende

 O día 29 de Marzo tivemos a sorte de poder entrevistar a Xoana Barcala en unha video conferencia que ofreceu o alumnado do instituto.



De esta charla coñecimos que... Xoana Barcala Gosende (A Estrada, 1994) é graduada en Óptica e Optometría (2016) e doutora en Física (2021) pola Universidade Complutense de Madrid. Realizou a sua tese doutoral cun contrato de doutorados industriais da Comunidade de Madrid, entre o laboratorio de Óptica Visual e Biofotónica do CSIC e a empresa 2EyesVision. Actualmente é a directora da área clínica da empresa 2EyesVision. 

Durante a súa tese foi membro activo, tesoureira e vicepresidenta do grupo de divulgación IOSA (actualmente IOPTICA).

Pero se queres saber mais... preme aquí.

Podes ver algúns destes datos na miña realidade aumentada:


E podes comprobar que ben quedou o meu cartaz:












Susana Boso Alonso

 É doutora en Bioloxía. Traballa na Misión Biolóxica de Galicia. Todos os seus traballos céntranse na viticultura.

Preme aquí se queres saber mais...





Mira a miña realidade aumentada:


E o meu cartaz:
















Victoria Besada Montenegro

             Naceu en Vigo o 23 de marzo de 1961. Licenciada en Química na Universidade de Santiago de Compostela no 2003 doctoruose en Vigo cun estudo sobre metais no mexilón.

Ejerceu a súa labor investigadora na área de contaminación mariña e medioambiental. Participou no seguemento do impacto xerado por catastrofes coma a do Prestige.


No 2017 foi galardoada coa medalla Cidade de Vigo.


É directora do Centro Oceanográfico de Vigo.



Podes saber algo mais de min premendo aquí.


           Tamén podes consultar a miña realidade aumentada:



E este será o meu cartaz:








Sonia Villapol Santiago

 Naceu en Bretoña (Lugo) o 8 de maio de 1977.

É doutora en Neurociencia. Estudou no instituto de Mera. Licenciouse en Bioloxía na Universidade de Santiago de Compostela na especialidade de Biotecnoloxía.

Na actualidade é investigadora en isquemia cerebral.

Se queres saber mais preme aquí.



Mira a miña realidade aumentada:


E o meu cartaz:










Noelia Amoedo Casqueiro

O 19 de agosto de 1974 nacia en Pontevedra esta muller. Estudou Física na Universidade de Santiago de Compostela para logo ir a estudar a Stanford grazas a unha beca Fullbright.
Podes coñecer mais sobre ela premendo aquí.




O día 29 de abril tivemos a sorte de que Noelia Amoedo compartise con todxs nos a súa experiencia coma estudante, coma traballadora... foi unha videoconferencia moi motivadora para o alumnado.



Podes consultar a miña realidade aumentada:


E finalmente o meu cartaz:















Marta Maroño Buján



Marta Maroño Buján naceu en Santiago e é posible que sexa a muller que mais sabe do hidróxeno para empregalo como combustible.

Actualmente segue investigando sobre este tema. Lee mais aquí.

Mira a miña realidade aumentada:


E o meu cartaz:













 

Exposición nos pasillos do instituto

       O alumnado do Club de Ciencia foi o primeiro en ver a exposición final de mulleres científicas. Eles estiveron vendo e descubrindo de...