mércores, 24 de novembro de 2021

Andrea Campañó Diz

 Ola, son Andrea e así venme os meus compañeiros e compañeiras de Educación Plástica.


O alumnado de lingua fíxome unha entrevista:

ANDREA CAMPAÑÓ DIZ: “Non teño ningún medo a ser discriminada por ser muller no mundo da ciencia, se alguén se me pon diante heino de apartar”

A muller necesita máis visibilidade na ciencia, estivo moitos anos agochada por outros homes, non significa que non houbese científicas, senón que traballaban con outras persoas e non eran recoñecidas.

Cada persoa debe lograr o que quere, e facer o que lle gusta. Se es muller e che gusta a bioloxía ou a enxañería tes que loitar e non pensar que por ser muller tes que facer outra cousa.

Sempre tiven clara a idea de ir por ciencias.

Gustaríame estudar odontoloxía. No futuro véxome cunha clínica propia, traballando para min. Quero axudar a outras persoas.


Queres ver a miña realidade aumentada:





E finalmente o meu cartaz:










Ningún comentario:

Publicar un comentario

Exposición nos pasillos do instituto

       O alumnado do Club de Ciencia foi o primeiro en ver a exposición final de mulleres científicas. Eles estiveron vendo e descubrindo de...