luns, 23 de maio de 2022

Creando a Realidade Aumentada

Durante o curso concederonnos a participación nun programa para a creación de Realidade Aumentada.

Pareceunos interesantísimo e decidimos cambiar a idea inicial do proxecto de crear un vídeo sobre cada unha das mulleres e decidimos crear unha realidade aumentada contando a súa vida.

Esta realidade aumentada creámola con COSPACES. Esta é unha plataforma para traballar online. A licencia de traballo deunola o CIS Tecnoloxía e Deseño- Axencia Galega de Innovación que foi quen nos seleccionou para participar no programa.

Este programa devólvenos un código QR que incluiremos tamén nos cartaces. Para leer este código é necesario descargar a aplicación gratuita Cospaces.




A aplicación está disponible para Windows, IOS e Android.

Proba a leer o seguinte código:


Abre a túa aplicación no móbil, deberás ter unha pantalla coma esta...


Preme na icona que está sinalada... e deberías ver unha pantalla coma esta...  


Se miras aquí, poderás ver que para leer el código tes dúas opcións... ou leer directamente o código QR ou se che da algún problema introduce as seis letras que aparecen no código.

En calquera dos dous casos deberás chegar a algo así...


Aquí deberás premer na icona de "Jugar" e aparecerá unha pantalla así...


Aquí tendrás que movelo móbil para situar a túa escena. Unha vez que teñas a túa escena colocada terás que buscar a seguinte icona



E a partir de aquí a disfrutar... poderás ver a túa imaxe directamente en AR ou se queres xogar mais emprega unhas gafas de realidade virtual e coloca o teu móbil e poderás ver a mesma escena doutra forma! Ti elixes.... desfruta!

















luns, 9 de maio de 2022

Exposición na Semana de Ciencia

 O 4 e 5 de maio sae a Ciencia a rúa en Caldas e o Instituto Aquis Celenis participa amosando os traballos do alumnado realizando múltiples experimentos científicos. 

Este ano as mulleres científicas tamén foron as protagonistas. E, como non, aproveitamos esta oportunidade para amosar algúns dos cartaces das nosas científicas. 



Exposición nos pasillos do instituto

       O alumnado do Club de Ciencia foi o primeiro en ver a exposición final de mulleres científicas. Eles estiveron vendo e descubrindo de...