Este proxecto foi seleccionado para desenvolverse dentro do marco do Plan Proxecta no Curso 21/22 na liña de Rapazas emprendedoras en TIC.
Con este proxecto pretendemos despertar vocacións científicas dentro das rapazas.
O obxectivo final deste proxecto é a creación dunha exposición de mulleres científicas galegas, de onte, de hoxe e do futuro, incluíndo as propias rapazas de instituto. Esta exposición irá unida a contido interactivo que o recolleremos nun blog e a creación dun libro de contos onde contemos a vida de todas estas mulleres.
Podes ver mais concreto as actividades que desarrollaremos o longo do curso premendo na imaxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario